publicidade hoxe

Estudantes arxentinos do instituto galego de Buenos Aires visitan O Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Recepción aos estudantes arxentinos

Recepción aos estudantes arxentinos

Un total de 12 alumnos do instituto Santiago Apostol de Buenos Aires, visitaron hoxe o concello de O Carballliño, convidados pola corporación, que lles recibiu no salón de plenos e obsequioulles cuns cds da banda carballiñesa. Foi o alcalde e o edil de Cultura e Educación os encargados de darlles a benvida ao Carballiño.

Estes alumnos, que estan de viaxe de fin de curso por Galicia, xunto coa súa profesora Alejandra Maccarone, cursan os seus estudos no citado instituto, que ten como peculiaridade que, ademais do temario do sistema educativo arxentino, contan como materias a lingua galega, a historia de Galicia e a súa xeografía.

A maioría deles son descendentes de galegos, das zonas de Pontevedra, Coruña e Lugo, e cada promoción ten como viaxe de fin de curso a vista a Galicia, para que coñezan as súas raices, e practiquen o galego apreso durante os seus estudos.

 

24 de setembro de 2015 | 20:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.