publicidade hoxe

Espectáculos teatrais para a fin de semana en Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

Boiro programa para esta fin de semana unha intensa oferta lúdica coa representación de “Historias de vida, amor, guerra e case morte” e do espectáculo de rúa “Cia. Vueltos de Rosca”.

DABOAPIPA “Historias de vida, amor, guerra e case morte”

A Casa da Cultura “Ramón Martínez López” acollerá o venres 25 de setembro, ás 21:00 h, a representación de DABOAPIPA “Historias de vida, amor, guerra e case morte”. Esta obra está destinado a público adulto, preferentemente maiores de 14 anos.

Sinopse:

Historias de vida, amor, guerra e case morte é unha fermosa proposta a medio camiño entre a narración oral e o teatro con música ao vivo.

Ao longo de varias historias recollidas de experiencias reais, Daboapipa cóntanos historias dos nosos maiores que reflicten dun xeito agarimoso e divertido a realidade na que vivían.

Historias de amor, de emigración, de reclusión, guerra e amor contadas dende a tenrura e a emoción nunha proposta que arranca bágoas, lembranzas e sorrisos.

TOTUM REVOLUTOM

Por outra banda, o sábado 26 de setembro, ás 12.00 h., Totum Revolutom  Cia. Vueltos de Rosca na rúa peonil Santos Mieites

Qué é Vueltos de Rosca?

Vueltos de Rosca é un proxecto artístico e social que nace, de feito, no ano 2009,  pero que veu fraguándose durante os anos de formación, tanto pedagóxica como artística, das persoas que o compoñen.

Concebimos a arte como unha expresión cultural básica e necesaria para a evolución dos colectivos e as comunidades, por esta razón temos o convencemento de que provocar que as persoas participen da arte, non só como espectadores (pasivos) senón como actores (activos), é algo beneficioso para todos e todas.

Sinopse:

Totum Revolutum é unha disparatada viaxe a través das diferentes modalidades do circo: dende o clásico ata o contemporáneo, pasando polos rexistros máis de rúa e participativos.

Todo comeza como un show máis de rúa…

pero uns problemas técnicos obrigarán as nosas personaxes a desenvolverse neutros rexistros, dando lugar a unha mostra única e orixinal de novo circo. 

22 de setembro de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.