Escolares de Álvarez Limeses fan o roteiro Castelao
Un grupo de 52 alumnos/as de 5º de educación primaria do CEIP Álvarez Limeses fará mañá xoves, día 1 de outubro, o roteiro Castelao polas rúas da zona histórica de Pontevedra. A saída está prevista para as 9.30 horas desde a praza da Ferraría. A actividade inclúe unha visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.
O Concello de Pontevedra segue a ofrecer estas visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.
Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.











