Eliximos Narón pide á Xunta mellor cobertura das ambulancias de Urxencias Sanitarias do 061 na área de Ferrolterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

Eliximos Narón presentou unha moción para o pleno de Narón co obxectivo de solicitar unha mellora cobertura das ambulancias de urxencias sanitarias do 061 na área de Ferrolterra.

Se basea a demanda en:

• No dereito de todos os españois a recibir o mesmo nivel e calidade de atención sanitaria urxente.

• No incremento xeneroso que a demanda de atención urxente foi sufrindo nos últimos anos.

• A maior distancia entre o domicilio e o hospital de referencia debido a unha maior dispersión da poboación galega fronte outras autonomías.

• As incidencias sanitarias que requiriron de dispositivos móbiles en Galicia no 2013 foron un 11% por enriba da media española, mentres que o número de dispositivos móbiles cada 100.000 habitantes de Galicia encontrase un 20% por debaixo da media nacional, e moi lonxe dos recomendados pola Organización Mundial da Saúde.

• A diferenza doutras comunidades, Galicia nos últimos anos non variou o seu nivel de cobertura deste tipo de servizo, mentres que si aumentou a demanda, polo que faise necesaria unha mellora, especialmente en as zonas mais desfavorecidas como e Ferrolterra.

• Na falta de a adecuada cobertura de acordo a isócrona (tempo de chegada) establecida de 20 minutos no medio rural (e de 10 minutos no medio urbano) de zonas como Ares, Mugardos, Moeche, Cerdido, Valdoviño, San Sadurniño, As Somozas. Problema que non só afecta á atención dos casos que se produzan nestas zonas mais afastadas, senón que tamén afecta as outras zonas mais próximas, debido a que se incrementa a probabilidade de deixalas desatendidas.

• O número de dispositivos móbiles por cada 100.000 habitantes en Ferrolterra está en torno a un 27,4% por debaixo da media galega e un 42,9% por debaixo da nacional (32% si so se considera o tipo de unidades empregadas en Galicia.

Solicitar á Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e á Xunta na súa función de protectorado de dita fundación, o incremento do número de Unidades de Soporte Vital na comarca de Ferrolterra da seguinte maneira:

–  Incrementar unha Unidade de Soporte Vital Básico (SVB) na base de Ferrol.

–  Incrementar en unha Soporte Vital Avanzado (SVA) a base de Narón e pasar a actual Unidade de – Soporte Vital Básico de 12 a 24 horas.

–  Crear unha nova base na zona de Moeche con unha Unidade de Soporte Vital Básico (SVB) operando 12 horas diúrnas.

–  Crear unha nova base na zona de Ares-Mugardos con unha Unidade de Soporte Vital Básico (SVB) a 12 horas diúrnas.

30 de setembro de 2015 | 13:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.