Educación reunirá o Consello Escolar Municipal tres anos despois do último encontro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Educación, que xestiona Carmen Fouces, convocará para a semana do 21 de setembro o Consello Escolar Municipal, que se reuníu por última vez no ano 2012. O obxectivo desta convocatoria é dar a coñecer as liñas de actuación da Concellaría para os vindeiros catro anos, e tamén para recadar información de toda a comunidade escolar sobre o funcionamento da Educación no Concello. Neste momento traballa en pechar a orde do día do consello. O propósito da concelleira de Educación é abrir este consello a todas as anpas e direccións dos centros de ensino que o desexen asistir.

2 de setembro de 2015 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.