DIA estima en máis de oito millóns as perdas polo bloqueo do seu almacén en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

DIA calcula que as perdas derivadas polo paro forzado polos gandeiros no seu centro loxístico de Santiago superan os oito millóns de euros “ata o momento”. Ademais, acusa as administracións públicas de “pasividade” por unha situación que se prolonga dende hai tres días.

Así indícao nun novo comunicado emitido este xoves, no que sinala que solicitou “unha vez máis” a intervención das autoridades “para rematar coa situación á que está sendo sometido” o almacén, no polígono industrial do Tambre, por parte dun amplo número de gandeiros dende hai tres días.

“Os feitos agraváronse hoxe”, segundo sinala DIA, que alega que isto é “o que motivou que a compañía anunciara un peche patronal”.

Sobre as 20,00 horas deste xoves, “a penas lograron saír do almacén sete camións baleiros, que foron revisados polos gandeiros previamente á súa saída”, apunta.

Ademais, denuncia que “un establecemento DIA sufriu un novo ataque que provocou que a compañía tivera que retirar o leite de marca propia”.

“INCERTEZA”

“A incerteza existente na compañía, que segue sin saber que vai acontecer mañá, reflicte a pasividade das administracións públicas ante o bloqueo”, subliña.

O número de tendas DIA afectadas na zona é de aproximadamente 234, 110 delas franquiciadas, e asegura que “corren o risco de desabastecemento”.

DIA insiste no “dano que con esta actitude se está a facer a outros provedores e produtores locais que traballan para a compañía, así como á súa rede de emprendedores franquiciados, que só en Galicia empregan máis de 300 persoas”

10 de setembro de 2015 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.