Dez atletas da Sociedade Ximnástica vestiron a camiseta de Galicia en 2015
De novo os atletas da Sociedade Ximnástica volveron vestir a camiseta de Galicia nos Campionatos entre Federacións Autonómicas celebrados este ano. No nacional de campo a través, acudiron un total de 6 atletas da veterana Sociedade; no Campionato de España de Probas combinadas, practicamente fíxose pleno, con 3 atletas seleccionados fronte aos 4 que formaba o equipo e no Torneo de Federacións Autonómicas en pista, outros 5 atletas vestiron a camiseta de Galicia. Mencionar a Santi Ferrer Alonso, Darío Costas e Jorge Puig, que estiveron en dúas destas tres competicións.
Pero os atletas pontevedreses non vestiron soamente as cores de Galicia, tamén representaron ás súas respectivas universidades no seu Campionato de España, con 5 atletas e un balance moi positivo de 4 medallas, un ouro, unha prata e un bronce.
Aínda que este ano ningún conseguiu representar a España, si vimos a Alex Flórez competir por Suíza, xa que posúe a dobre nacionalidade, na Copa de Europa de marcha.
Por último tamén no Torneo de FFAA en pista, participaron outros 5 atletas do equipo lerezano, coa camiseta da súa respectiva Federación Autonómica e non hai que esquecerse dos “Xogos do Eixo Atlántico”, competición entre Concellos do norte de Portugal e Galicia, que se celebra cada dous anos e coas novas promesas da Sociedade Ximnástica, que participaron baixo a bandeira pontevedresa.











