Detidos os supostos autores de varios roubos con forza no Polígono Industrial Lalin 2000
A Garda Civil detivo a M.R., de 38 anos de idade e con domicilio en Lalín, como suposto autor dun delito de roubo con forza de 6 baterías de camións estacionados no Polígono Industrial Lalín 2000. Estes feitos delituosos foron cometidos o pasado mes de xullo e desde entón compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Lalín viñan realizando as oportunas investigacións para o esclarecemento dos mesmos.
Estas investigacións deron resultado positivo coa detención, onte día 9, dun dos supostos autores mentres que o outro colaborador M.E.R., de 44 anos de idade, tamén residente en Lalín e ambos de nacionalidade marroquí, xa fora detido por estes feitos o pasado mes de agosto.
Os detidos, que contan con antecedentes policiais, unha vez que se lle tomou manifestación ambos quedaron en liberdade coa obrigación de presentarse ante o Xulgado de Instrución número DOUS de Laín, cando para iso fosen requiridos.











