publicidade hoxe

Detidos os supostos autores de roubos en vivendas e establecementos comerciais de Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoioSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a R.R.T., de 49 anos de idade e a JP.B.P., de 41, ambos veciños de Poio, como supostos autores de tres delitos de roubo con forza cometidos nunha vivenda e dous establecementos comerciais de Poio durante os meses de xullo e agosto do ano actual. Por mor das denuncias presentadas no Posto da Garda Civil de Pontevedra por estes feitos delituosos, compoñentes do referido posto iniciaron as correspondentes investigacións para o seu total esclarecemento.

Estas investigacións deron resultado positivo o pasado día 10 coa detención dos supostos autores que foron conducidos ás dependencias oficiais para a instrución das correspondentes dilixencias. 

Recuperáronse parte dos efectos subtraídos que serán entregados aos seus lexítimos propietarios. 

Os detidos, que carecían de antecedentes policiais, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número DOUS de Pontevedra quen decretou liberdade con cargos.

14 de setembro de 2015 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.