Desconvócase a folga da recollida do lixo en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O comité de empresa de Urbaser e a dirección da empresa chegaron esta mañá a un principio de acordo, que terá que se ratificado en asemblea, e que permite suspender a folga indefinida da recollida do lixo convocada para o próximo domingo. A decisión chega despois de varias reunións entre as partes, nas que o Goberno local exerceu como mediador.

O Concello felicítase por este acordo, que impedirá as molestias que unha folga dese tipo lles provocaría aos cidadáns. O Goberno local cualifica como moi positivo o talante demostrado por traballadores e empresa, que se amosaron moi receptivos ante a mediación do Concello e demostraron estar dispostos a atopar puntos de encontro.

16 de setembro de 2015 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.