publicidade hoxe

Derradeiras prazas para o curso de cestería en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A  Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, a través do programa ACTIVATE da Deputación de Pontevedra vai impartir unha formación sobre un dos  oficios mais antigos,   A CESTERÍA.

Con este curso dirixido a mocidade do concello pretendemos que os mozos e mozas  coñezan e poñan en valor esta actividade que naceu como complemento da agricultura e ante a necesidade de usos cotiás( cestos, cestas, sombreiros, etc) , proporcionándolle facilidades para que coñezan un oficio artesán.

O curso  ten unha formación de 40h, vaise desenvolver no concello de Gondomar do 19 ao 30 de outubro.

Se estas interesado ven a Oficina Municipal de información Xuvenil e inscríbete ou chama ao 986.369.746 dende o 21 de xullo ata o 30 de setembro do 2015.

28 de setembro de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.