Dado de alta o menor que permanecía ingresado no Chuac tras resultar ferido no Rally da Coruña
O menor que se atopaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) tras resultar ferido no Rally da Coruña, ao sairse un dos vehículos participantes na proba, foi dado de alta, segundo informaron fontes hospitalarias.
Dende o accidente, o menor permanecía ingresado no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera, onde estaba en estado estable e mantiña unha evolución favorable ata recibir a alta este xoves, precisaron as mesmas fontes.
Agora solo queda ingresado no Chuac un adulto, que permanece en planta, tamén con evolución favorable, tras resultar ferido no sinistro, ao paso do vehículo polo termo municipal de Carral. O accidente saldouse con sete falecidos e máis dunha decena de feridos.











