Curso de voluntariado para maiores en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Mañá martes 29 de setembro faremos en Santiago unha primeira sesión do Curso de Voluntariado para maiores. Nesta sesión, que será totalmente práctica ensinarannos técnicas de dinamización para poder mellorar as nosas capacidades e habilidades en xeral, e en especial, coas persoas de maior idade.

Esta sesión está dinamizada por Diego Parajó, educador social e fundador de Xeneme, empresa de formación especializada en áreas sociais, educativas e culturais.

Ademais, tamén hai un curso en papel, e que tamén se pode atopar na plataforma de educación online: http://educacionfinanciera.adicaeonline.es/ Aquí aprenderemos cuestións sobre consumo, especialmente enfocado para os nosos maiores. Este curso é gratuíto, pois está financiado polo AECOSAN dentro do proxecto: Maiores Activos en Consumo: mellora dos dereitos e a posición dos consumidores de maior idade”

Esta campaña de formación e voluntariado, busca que as persoas maiores dispoñan de máis e mellor información sobre os seus dereitos no ámbito do consumo para defenderse mellor ante os abusos da banca e empresas do tipo.

28 de setembro de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.