Curso de defensa persoal en Dodro
O Concello de Dodro organiza un curso de defensa persoal para mulleres. Ditas sesións impartiranse os martes e xoves do 1 de outubro ao 19 de novembro en horario de 20.30 a 21.30 h. no Polideportivo Municipal. As inscrición poderán realizarse do 22 ao 29 de setembro nas oficinas de Servizos Sociais.
Embarca-te
Por outra banda, o departamento de Servizos Sociais de Dodro organiza un fin de semana de mulleres en Cangas do Morrazo o 26 e 27 de setembro. Esta actividade enmárcase na temática de igualdade e loita contra a violencia de xénero con charlas e mesas redondas, xornadas e visitas guiadas. Esta proposta de lecer é gratuíta pero conta con prazas limitadas por estrita orde de inscrición. Para efectuar ditas inscricións, será preciso acudir en persoa do 16 ao 23 de setembro nas oficinas de Servizos Sociais.