publicidade hoxe

Curso de aplicador de produtos fitosanitarios de nivel básico en Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPorto do Son
A-
A+

O Concello de Porto do Son vai por en marcha nas próximas semanas un curso gratuíto de Aplicador de Produtos Fitosanitarios de Nivel Básico, grazas ao cal, os participantes, poderán obter o carné oficial da Xunta de Galicia para a aplicación deste tipo de produtos (obrigatorio a partir de novembro de 2015).

O curso, de 25 horas de duración, está dirixido prioritariamente aos seguintes colectivos:

– Persoal auxiliar (peón aplicador) de tratamentos terrestres e aéreos, incluíndo os non agrícolas.

– Agricultores que realicen estas tarefas na súa propia explotación sen empregar persoal auxiliar e utilizando produtos fitosanitarios que non sexan nin xeren gases tóxicos, moi tóxicos ou mortais.

– Persoal auxiliar da distribución, almacenamento ou venta de produtos fitosanitarios.

Os principais contidos a tratar no mesmo serán:

· Controlar as plantas, os medios e os produtos específicos para o tratamento de plantas: características, xeneralidades e grado de perigosidade (envasado e etiquetado).

· Calcular a dose mais adecuada a utilizar segundo a área de aplicación e os produtos empregados.

· Coñecer os riscos derivados do uso destes produtos, posibles intoxicacións e primeiros auxilios para actuar.

· Xestionar de forma adecuada os residuos xerados tras un tratamento.

· Tipos de tratamentos, equipos de limpeza, medidas preventivas e normativa sobre prevención de riscos laborais.

Para poder participar nesta acción formativa, as persoas interesadas deberán presentar a ficha de inscrición, acompañada de fotocopia do DNI e volante de empadroamento, no rexistro do concello entre os días 24 e 30 de setembro.

As 20 prazas dispoñibles serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.

As bases que rexen esta acción formativa, así como a ficha de inscrición están a disposición de todas as persoas interesadas na páxina web do concello : www.portodoson.org

22 de setembro de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.