Cuíña visita a depuradora ecolóxica da Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
O alcalde de Lalín na visita á depuradora ecolóxica

O alcalde de Lalín na visita á depuradora ecolóxica

O alcalde e a concelleira de Medio Ambiente visitaron esta mañá a depuradora ecolóxica da Cañiza. Acompañados dun técnico da empresa ECOLAGUNAS, Rafael Cuíña e Celia Alonso tiveron a oportunidade de coñecer polo miúdo o funcionamento desta infraestutura que, mediante un sistema de balsas con lodos e plantas, permite unha depuración das augas de elevada calidade.

O Concello está estudiando a posibilidade de implantar este modelo de depuradoras en Prado e en Zobra, dentro das medidas que se van adoptar para mellorar o estado de conservación e funcionamento das depuradoras do concello co obxectivo de garantir a súa eficacia ambiental. Como xa se informou, un informe elaborado pola concesionaria Espina y Delfín daba conta de múltiples deficiencias que corroboran a situación de abandono na que tiña o Partido Popular estas instalacións e que provocan que o proceso de tratamento e vertido non se estea a realizar nas condicións idóneas.

Segundo os datos que obran en poder da concellería de Medio Ambiente, as deficiencias inclúen defectos nos equipamentos ou malos accesos, así como a entrada de augas pluviais e tubos con desperfectos. En concreto, hai doce fosas que carecen de peche ou o teñen deteriorado, 2 que precisan barandillas de seguridade, 4 nas que o camión non pode entrar en época de choivas e outras 4 na que o acceso resulta imposible durante todo o ano. Tamén hai 4 fosas que non teñen arqueta de mostras, outras 4 que precisan cambiar tapas, 2 con tubos rotos ou descubertos, 2 ás que chegan puríns e 3 á que chegan gran cantidade de augas pluviais e areas.

24 de setembro de 2015 | 20:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.