Cuíña recibe a Jorge Abarca e o seu equipo en apoio á causa que pretende visibilizar a ELA

Cuíña con Jorge Abarca e o seu equipo
Jorge Abarca e o seu equipo, foron recibidos polo alcalde de Lalín á súa chegada ao municipio. O seu paso pola localidade responde a completar o Camiño de Santiago dende Granada por unha causa reivindicativa, visibilizar a ELA, doenza que padece o propio Abarca. O grupo foi recibido hoxe na praza da Igrexa polo alcalde de Lalín, Rafael Cuíña.











