Cuíña fai balance moi positivo das festas das Dores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Rolda de prensa do alcalde de Lalín

Rolda de prensa do alcalde de Lalín

O alcalde e membros da comisión organizadora fixeron balance das festas das Dores. Rafael Cuíña amosou o seu “intenso agradecemento” aos membros da comisión e valorou de maneira moi positiva nun programa de actividades que conseguíu encher de vida e animación diferentes puntos da vila. “Houbo dinamización, moitísima actividade e moi variada”, dixo  o rexedor. “Puido haber fallos pero foron unhas festas magníficas e que conseguiron atraer a moita xente”. No plano político, dixo non entender as críticas do anterior alcalde, “sobre todo cando el sabe que non están organizadas directamente polo Concello e que hai xente que fai un enorme esforzo para que todo saia ben de maneira desinteresada”. Por iso, engadiu, “lamento a desaparición de facto de todos os membros do PP das actividades desenvolvidas estes días, agás da misa e da procesión”. 

23 de setembro de 2015 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.