publicidade hoxe

Cores Tourís visita as adegas Paco & Lola e Condes de Albarei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeaño
A-
A+
Cores Tourís na visita á adega Paco & Lola

Cores Tourís na visita á adega Paco & Lola

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as adegas Condes de Albarei de Cambados e Paco & Lola de Meaño en compaña do xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois, co obxectivo de comprobar o remate da vendima na comarca do Salnés dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. Na segunda adega tamén estivo presente a alcaldesa da localidade, Lourdes Ucha.

“O obxectivo desta visita”, engadiu o delegado territorial, “é estar en contacto cos viticultores e bodegueiros para coñecer o seu sentir nesta vendima na que, se estima, vanse recoller, segundo os últimos estudos realizados polo Consello Regulador, entre 30 e 32 millóns de quilos de uva en toda a denominación de orixe”. De feito, xa se contabilizaron 29 millóns de quilos, “o que significa un 30% máis co ano pasado. Desta cantidade, o 65% corresponden á subzona do Salnés”.

José Manuel Cores Tourís incidiu no apoio aos viticultores por parte da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural e do Mar. Deste xeito, destinouse case medio millón de euros este ano para os plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia. “Na denominación de orixe Rías Baixas estes plans permitirán mellorar 32 hectáreas, cunhas axudas que roldarán os 271.256 euros, é dicir, case o 60% do total aportado para a comunidade autónoma”, explicou o delegado territorial.

“O futuro da nosa comunidade autónoma pasa”, segundo apuntou Cores Tourís, “por apostar polos sectores con maior puxanza económica como, neste caso, é o vitivinícola, que está a exportar na Denominación de Orixen Rías Baixas, na actualidade, un 30% de toda a produción”.

“De ahí a aposta da administración autonómica cara a este sector. Deste xeito, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas conta cunha axuda anual da Consellería de Medio Rural e do Mar que rolda os 800.000 euros cada ano”. No caso da adega de Meaño que hoxe visitou o delegado territorial, nos últimos anos obtivo case 1 millón en subvencións para axudas á exportación, comercialización e industrialización, así como para a asistencia a feiras. No caso da adega Condes de Albarei, as axudas roldaron o 1,1 millón de euros.

Adega Condes de Albarei

No ano 1988 constituíuse a sociedade Bodegas Salnesur, SA, coa participación da SAT Viticultores Salnesur e tamén de SODIGA nun 26% do capital. En do 2002 cambio o nome da sociedade poloactual, Adega Condes de Albarei, SAU.

As actividades que desenvolve son a elaboración e comercialización de viños con denominación de orixe e augardentes.
Na actualidade, a Adega Condes de Albarei, SAU está participada no 100% do seu capital por Adega Condes de Albarei, SCG. Esta cooperativa está constituída por case que 400 viticultores que posúen unha superficie aproximada de 300 Ha. Así mesmo, tamén adquire uva mediante contratos homologados a case 50 viticultores colaboradores, cunha superficie de 25,6 Ha.

No mes de xullo de 2008 se lle adxudicou por 15,1 M€ a propiedade da finca “Pazo de Baión”, que alberga unha bodega e 28 ha de viñedo acollidas á D.O. Rías Baixas. Ao proceso optaron ademais Freixenet, Bodegas Martín Codax e Vinos Herederos del Marqués de Riscal.

A adega situada en Cambados ten unha capacidade instalada de 3.400.000 litros vinificando o redor de dous millóns de kg de media. Nesta adega se elaboran fundamentalmente as marcas Condes de Albarei, Condes de Albarei en rama, Enxebre, Carballo Galego e Esenza.

Na adega Pazo Baión, situada no concello de Vilanova de Arousa, elabora unicamente a produción dos viñedos da finca do pazo que comercializa coa marca Pazo Baion. A capacidade instalada nesta instalación e de 200.000 l.

Tamén nesta instalación de Vilanova de Arousa está a desenvolver un proxecto de enoturismo que se publicita como “o primeiro centro de ocio enoturístico de Galicia”.

En canto ao mercado dos seus produtos, a empresa vende en Galicia o 50% da súa produción, o 39% no resto de España e no mercado internacional un 11%.

Cooperativa vitivinícola arousana

En marzo de 2005 constituíuse a Cooperativa Corazón do Salnés, SCG, que posteriormente, en outubro do mesmo ano, pasa a chamarse Cooperativa Vitivinícola Arousana, SCG, nome que mantén na actualidade. Hai que sinalar que nos seus comezos a cooperativa se publicitaba como Rosalía de Castro, adegas e viñedos, denominación que hoxe parece que foi substituída pola de Paco & Lola, que é a marca insignia da sociedade.
Con esta marca os responsables da adega tentan transmitir unha imaxe de modernidade o que tamén se traduce na súa presenza activa nas redes sociais coa que gañou o premio Innova-G 2010 á “Mellor Campaña de Social Media”.

Nese mesmo ano solicitou unha axuda para a construción da bodega, e comezou a súa activade de elaboración e comercialización de viños con denominación de orixe no ano 2007. Tamén comercializa licores.

Esta cooperativa está constituída por case que 490 viticultores que posúen unha superficie aproximada de 200 Ha. No que se refire a contratos homologados, só firmaron seis cunha superficie total contratada de media Ha.

Nun principio, a capacidade instalada na adega era de 1.786.000 litros e foi posteriormente ampliada ata os 2.695.000 litros da actualidade, chegando a vinificar 2.4 millóns de kg de uva no ano 2011. Nesta adega se elaboran fundamentalmente as marcas Paco & Lola, iWine, Lolo e Rosalía de Castro, aínda que tamén fai embotellados por encargo para outros operadores.

En canto ao mercado dos seus produtos, a empresa vende en Galicia o 10% da súa produción, o 50% no resto de España e no mercado internacional un 40%.

25 de setembro de 2015 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.