publicidade hoxe

Cores Tourís comproba o acondicionamento da área recreativa “Os Pasales” de Meaño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeaño
A-
A+
Cores Tourís na visita á área recreativa "Os Pasales"

Cores Tourís na visita á área recreativa “Os Pasales”

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá o remate do proxecto de acondicionamento da área recreativa “Os Pasales” de Meaño, na parroquia de Dena, que se executou grazas a colaboración económica do AGADER e do programa LEADER.

O delegado territorial foi invitado pola alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha, a coñecer a mellora da área, que, en opinión de José Manuel Cores Tourís, “permitirá un mellor aproveitamento da zona por parte dos veciños do concello así como dos visitantes, permitindo tamén preservar o seu valor paisaxístico e mediambiental da zona”, xa que non podemos esquecer que se atopa dentro do Complexo Intermareal Umia-O Grove. “Esta obra permitirá minimizar calquera impacto das obras sobre o medio ambiente e dar continuidade á senda do litoral executada na zona da Telleira”.

Durante a visita estivo acompañado polo xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois, así como por técnicos do proxecto.

O proxecto, que conta cun investimento total de 253.000 euros tendo en conta o IVE. Deste montante, 210.000 corresponden ao orzamento elixible, dos que a Xunta aporta o 50% do orzamento total aceptado (105.000 euros). O resto foi aportado a través de fondos propios do concello de Meaño, tras participar na convocatoria de axudas do programa Leader que está a ser xestionado a través do GDR Salnés.

A actuación que visitou hoxe Cores Tourís supuxo a instalación de zonas de aparcamento, pista deportiva de pádel, ampliación e dotación de elementos de seguridade ao parque infantil e construción dun parque biosaudable. Tamén se reorganizaron os asadores e merendeiros, as zonas axardinadas, o sistema de rego e os paseos.

O GDR Salnés xestiona, na actualidade, 156 proxectos por un importe total de 13 millóns de euros, dos que case 5 millóns corresponden a axudas aportadas polo programa Leader. Estes proxectos supoñen a creación e mantemento de 280 postos de traballo cunha obriga de mantemento por 5 anos segundo a normativa do programa. Os programas van dende a ampliación e modernización de empresas, ata a creación de instalacións deportivas, rutas de sendeirismo, espazos de lecer ou acondicionamento de aulas informáticas, entre outros.

30 de setembro de 2015 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.