publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís comproba a execución da pista cuberta do CEIP Magariños de Cambados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+
Cores Tourís na visita a Cambados

Cores Tourís na visita a Cambados

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Cambados para comprobar co equipo directivo obras de execución da pista cuberta do CEIP Antonio Magariños e que están listas para hoxe, día do inicio do curso 2015/16.

Durante a visita, o responsable territorial e o alcalde analizaron as necesidades deste centro en compaña do xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares, unha representación do Goberno local e o portavoz do PP na localidade, Luis Aragunde.

A obra permitiu a reforma da pista cuberta así como dos pavimentos da mesma. Os traballos permitiron cambiar os materiais de paramentos do peche e da cuberta que se atopaban deteriorados. “O proxecto permitiu substituír os materiais da cuberta e reforzar a estrutura xa existente, cambiando tamén o material utilizado no peche exterior”, explicou Cores Tourís. A pista polideportiva quedou pechada en todo o seu perímetro e na fachada sur realizáronse dúas portas de acceso.

“Estes traballos supuxeron un investimento de arredor de 98.000 euros e atopábanse como prioritarias dentro dos proxectos a executar pola Xefatura Territorial de Cultura e Educación”, matizou o responsable da Xunta en Pontevedra, que agradeceu tamén a colaboración do anterior grupo de Goberno local na posta en marcha destes traballos.

Ademais destas obras, a Xefatura Territorial de Cultura e Educación leva acometidas nos últimos anos outras melloras no centro como a ampliación da biblioteca, a reposición de aseos e a reforma da calefacción. “En total, tendo en conta a obra executada na actualidade, estamos a falar de case 313.000 euros destinados dende a Xunta a este centro”, explicou Cores Tourís, quen tamén destacou que en total, nos últimos anos, a Consellería de Educación destinou máis de 1,5 millóns de euros a melloras nos centros educativos de Primaria e Secundaria do concello de Cambados, contando coa colaboración da Deputación de Pontevedra no pavillón do IES Ramón Cabanillas.

De feito, o delegado territorial destacou que a obra que hoxe comprobaron forma parte dun conxunto de melloras nos centros educativos que veñen a demostrar que a Xunta de Galicia está a realizar un importante esforzo para o próximo curso na mellora dos colexios e institutos da provincia de Pontevedra. “En total lévanse invertido máis de un millón e medio de euros no acondicionamento e reforma dos centros de Primaria e case 700.000 euros nos de Secundaria, sumando en total un investimento de máis de dous millóns douscentos mil euros nos centros educativos da provincia”, sinalou Cores Tourís.

Finalmente o delegado territorial destacou a colaboración por parte da Deputación de Pontevedra no eido da educación, “esperamos seguir contando coa súa colaboración e que a nova corporación se implique tanto como a do anterior presidente, Rafael Louzán. Desexamos que a nova presidenta, Carmela Silva, siga a colaborar coa Xunta de Galicia e cos concellos na mellora dos centros educativos” engadiu.

10 de setembro de 2015 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.