Cores Tourís analiza co xerente de Esperanza Salnés as necesidades da entidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na reunión co xerente de Esperanza Salnés

Cores Tourís na reunión co xerente de Esperanza Salnés

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu esta mañá ao director xerente da asociación Esperanza Salnés, Augusto Chaves, co que analizou as necesidades da entidade. Estivo acompañado polo deputado provincial, Luis Aragunde.

Durante a reunión, o delegado territorial avanzou a Chaves que, nos próximos días, visitará o centro da asociación o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para firmar un convenio de colaboración que suporá unha aportación de 15.000 euros para Esperanza Salnés.

Esta asociación conta na actualidade con 20 socios e 22 usuarios, dando servizo a familias de toda a comarca de O Salnés. No centro traballan catro terapeutas, ademais do propio xerente, ofrecendo servizos de intervención terapéutica, psicoloxía, pedagoxía, logopedia e fisioterapia.

O xerente de Esperanza Salnés agradeceu a colaboración da Xunta con esta entidade e coa labor que desenvolve, recordando ademais que este ano cumpriron a maioría de idade. “Temos xa 18 anos de existencia e iso nos permite contar con moita experiencia á hora de atender, coidar e lograr a mellora da calidade de vida dos nosos usuarios”, explicou Chaves.

Esperanza Salnés se atopa ubicada en Cambados, nas instalacións dunha antiga escola infantil posta a disposición da entidade por o propio Cores Tourís cando foi alcalde da localidade, e rehabilitada pola Deputación de Pontevedra, institución que apoio activamente a esta entidade durante o goberno de Rafael Louzán.

30 de setembro de 2015 | 12:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.