Continúan estables os dous feridos no Rally da Coruña ingresados no Chuac

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

Os dous feridos no Rally da Coruña que continúan ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) seguen en estado estable e con evolución favorable, segundo informaron fontes hospitalarias. Trátase dun adulto, ingresado en planta no Hospital da Coruña, e un menor, tamén en planta, neste caso no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da cidade herculina.

Estas dúas son as únicas persoas que permanecen no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, tras o accidente de rally, ao seu paso polo termo municipal de Carral, no que houbo sete falecidos e máis dunha decena de feridos.

23 de setembro de 2015 | 12:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.