Concentración en Narón en repulsa do caso de violencia de xénero en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabibo, asistiron hoxe xunto con representantes de todos os grupos políticos da corporación local e persoal funcionario e laboral do Concello á concentración convocada este mediodía, ás 13.00 horas, en repulsa dun suposto caso de violencia de xénero. A última hora da tarde de onte falecía en Vigo unha muller de nacionalidade brasileira, de 46 anos, presuntamente vítima dunha serie de golpes que supostamente lle propinou a súa parella, un home de 31 anos, de Vigo.

De confirmarse tralas investigacións policiais as casusas deste suceso sería a terceira muller morta en Galicia no que vai de ano por un suposto caso de violencia de xénero. O goberno local de Narón convocou unha concentración silenciosa ás portas da Casa Consistorial en sinal de repulsa a este tipo de actos e para condear a violencia machista.

7 de setembro de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.