publicidade hoxe

Concello e Cooperativa Central de Frades poñen un autobús a disposición dos veciños para ir á manifestación en defensa do sector lácteo en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades e a Cooperativa Central de Frades poñen un autobús a disposición de todos os veciños e veciñas que desexen acudir á manifestación en defensa do sector lácteo, que terá lugar mañá xoves 10 de setembro, ás 12:00 horas, en Santiago de Compostela.

O autobús, que pasará polas paradas habituais, sairá ás 10:00 horas da Grabanxa, pasando por Vista Alegre (Galegos), Bar O Cardamo (Moar), Aiaxo e Ponte Carreira. Ás 10:30 horas, o autobús partirá da Cooperativa Central de Frades, pasando por Campoduro (Céltigos), Campo (Vitre), Igrexa de Aiazo e Igrexa de Abellá. A volta a Frades terá lugar unha vez rematada a manifestación. 

Todos os veciños e veciñas que estean interesados en participar, só teñen que achegarse mañá xoves ás paradas habituais do autobús ou poñerse en contacto coa Cooperativa Central de Frades (981 692 215 / 981 692 105) o co Concello de Frades (981 695 567 / 981 695 554).

9 de setembro de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.