Comezan os traballos de bacheo na Rolda Leste

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Visita do rexedor ás tarefas de bacheo

Visita do rexedor ás tarefas de bacheo

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, visitou esta mañá xunto co responsable da Brigada Municipal de Obras, Ramón Galego, as tarefas de bacheo que se están levando a cabo na Rolda Leste. Trátase dunha estrada que soporta unha grande densidade de tráfico e que se atopa co firme moi danado dende hai anos, polo que a cidadanía vén demandando de xeito continuado que se solvente o problema. O Goberno municipal traballa dende a súa entrada no Concello na procura de solucións definitivas para o deplorable estado da Rolda Leste e, ante a inexistencia dos supostos convenios do anterior goberno do PP, a busca de financiamento para atallar a situación da estrada está a ser unha prioridade. Neste sentido, Cuíña anunciou que o Concello conta co compromiso da Deputación para dotar de orzamento o amaño dunha parte do vial de cara o ano que vén.

Por outra parte, a Brigada Municipal de Obras continúa coas tarefas de limpeza en pistas de diferentes parroquias. Hoxe remataron os traballos nas estradas do Cello e de Pareizo. Así mesmo, desbrozouse a pista que vai do campo de fútbol da Xesta a Puxallos, que ademais, será bacheada nos próximos días. 

29 de setembro de 2015 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.