Comezan as Xornadas de Emprendemento do Pont-Up Store abertas a toda a cidadanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Potevedra xa está preparada para acoller ás xornadas previas á celebración do Encontro Galego de Emprendemento PONT-­‐UP STORE. Comezarán mañá e estenderanse ata o venres cun completo programa de charlas, coloquios e conferencias orientadas a emprendedores potenciais e iniciais.

Ao igual que sucedeu co encontro, tamén estas xornadas superaron amplamente as expectativas dos organizadores. “Nun principio, íamos facer cinco ou seis actividades e ao final temos 16, coa participación de practicamente 60 expertos e emprendedores”, sinala o director do Pont-­‐Up, Pedro Figueroa, que tamén salienta a implicación dos diferentes patrocinadores, como a Deputación de Pontevedra, Igape, Abanca, Consorcio Zona Franca, Aje Pontevedra e o Consello Social da Universidade.

Para o vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, esta edición supón o “salto cualitativo” dunha plataforma nacida o pasado ano, con motivo da celebración en Pontevedra da Conferencia Ibérica do Emprendemento (CIEM), e que neste 2015 “dá un paso adiante”, dedicando practicamente toda unha semana de actividade ao mundo do emprendemento.

No marco destas xornadas, as diferentes facultades e escolas acollerán unha serie de coloquios titulados Ti tamén podes emprender!, que teñen por obxecto animar aos estudantes a pensar nunha vía de emprego como é o emprendemento, a través das experiencias emprendedoras de exalumnos e exalumnas das súas facultades e escolas. A estes coloquios súmanse ademais outra serie de actividades na Casa das Campás, onde se abordarán cuestións como o papel dos medios sociais ou o emprendemento en femnino, nunhas actividades máis orientadas xa a un público xeral e que, ao igual que o resto do programa, estarán abertas a toda a cidadanía.

Así mesmo, o programa complétase coas actividades organizadas pola Federación de Cooperativas Sinerxia, AJE Pontevedra e a Cámara de Comercio, así como co xogo de creación de empresas da Rede Eusumo, que a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Xunta desenvolverá o mércores 23 n Casa das Campás. Por último, as Xornadas do Emprendemento clausúrase o venres 25 ás 20.30 horas na Casa da Luz coas FuckUp Nights, unha actividade organizada polo Concello e presentada como unha sorte de terapia de grupo comunicacional que busca a posta en común dos fracasos individuais e colectivos no negocios, para aprender das decisións erradas.

21 de setembro de 2015 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.