publicidade hoxe

Comeza un novo curso escolar na Escola Municipal de Música de Carnota

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnota
A-
A+

Se algo funciona, por qué cambialo? O elenco de mestres vén sendo o mesmo que nos últimos anos. Son Castor Montes (guitarra e baixo), Carlos González (batería, percusión e combos), Moncho Domínguez (gaita, pandeireta, percusión tradicional e coral polifónica), Pilar García( que se incorporou o ano pasado cunha excelente acollida, Iniciación musical, linguaxe, canto, orquesta infantil e coro) e Alianza Uhía (dirección, linguaxe e piano).

O curso arrancará o vindeiro luns 1 de outubro nas instalacións do CEIP do Pindo, habendo clases todas as tardes de luns a venres. 

Coas matrículas pechadas, contamos con 121 alumnos inscritos. Unha cifra récord dende que estamos nas instalaciòns do Pindo e que dende aquí queremos aproveitar para dar as gracias a todos eses alumnos/as que non nos deixan e seguen disfrutando e aprendendo con nós.

A reunión cos pais  e alumnos para a repartición dos horarios e a resolución das dúbidas será o vindeiro luns 28 de setembro no salón de actos do Concello de Carnota ás 19:30 h. 

25 de setembro de 2015 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.