Comeza en Barrocás un ciclo de charlas sobre temas de interese para a veciñanza que se inicia coa “Diabete”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense iniciará hoxe, martes, 22 de setembro, ás 20:00 horas, na asociación de veciños Barrocás un ciclo de charlas sobre temas de interese para os veciños da cidade. Nesta primeira ocasión, será unha charla informativa sobre a diabete, organizada coa  Asociación Diabética Auria, e impartida por Marisa Ruíz Santiago, enfermeira e educadora en diabetoloxía.

Estas charlas forman parte do programa de actividades que desenvolve o Concello nas asociacións veciñais coa finalidade de dar resposta ás necesidades, inquedanzas e demandas que os propios colectivos veciñais trasladan ao Concello. Así, en próximas semanas haberá novas charlas divulgativas nas que se abordarán temas como Deporte e saúde, Coidado do mobiliario urbano, Bo uso dos xogos biosaudables ou Aprender a reciclar.

Esta primeira charla, en Barrocás, está especialmente dirixida a veciños da zona de Berrocás, Praza 500, Inmaculada, estrada da Granxa e contorna. Haberá unha segunda charla, tamén sobre diabete, que impartirá Marisa Ruíz pasado mañá, xoves, 24  de setembro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural Valente.

22 de setembro de 2015 | 13:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.