publicidade hoxe

Comeza a campaña de limpeza dos colectores de lixo en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O Concello de Gondomar está levando a cabo unha campaña de limpeza de tódolos colectores de lixo que hai no término municipal. Por primeira vez estase a realizar o lavado dos colectores con desengrasante para limpar as paredes e o fondo dos resíduos que quedan adheridos aos colectores, e con espuma con bactericida que perfuma o colector e o mantén durante máis tempo limpo, todo feito con auga quente, así explicábao hoxe mesmo un traballador da empresa concesionaria ao alcalde Francisco Ferreira.

Tamén estase levando a cabo unha campaña de desratización dos colectores e do entorno onde se encontran ubicados, valorando a necesidade de cambialos a outras localizacións máis axeitadas co fin de evitar escombreiras e focos de infección dentro do casco urbano e das parroquias.

O alcalde Francisco Ferreira chama á concienciación cidadá para realizar un bo uso dos colectores cumprindo os horarios e intentando deixar o lixo a última hora da tarde.

4 de setembro de 2015 | 11:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.