Comeza a campaña “Compra no teu comercio de A Coruña”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Esta mañá comezou na Praza do Obelisco, a campaña “Compra no teu comercio de A Coruña”, que ó longo desta semana promocionará e dinamizará o comercio de proximidade da cidade e a plataforma de servizos e fidelización Comerciogalicia. A iniciativa, posta en marcha pola Federación de Comercio de A Coruña, que preside Miguel Agromayor, pretende concienciar ó consumidor das vantaxes de mercar no comercio minorista da súa localidade e especialmente do adherido á plataforma Comerciogalicia, na que se combinan á perfección os valores tradicionais de especialización, calidade e trato personalizado; cos de inmediatez, maior oferta ou ausencia de límites xeográficos e horarios, propios do comercio electrónico.

A campaña “Compra no teu comercio de A Coruña” contará con medios promocionais e publicitarios, e con insercións en medios locais e dixitais, para difundir os beneficios de unirse ó Club Comerciogalicia. Este club, ademáis de ser gratuito, supón grandes vantaxes para o consumidor que fai as súas compras nas empresas asociadas a Comerciogalicia, entre a que destaca que recibe un mínimo do 3,5% do importe en euros/puntos (ou o 1,75% en alimentación), que pode cambiar na compra de calquer produto nos establecementos asociados.

O obxectivo da plataforma Comerciogalicia é fomentar e implantar as novas tecnoloxías para modernizar e profesionalizar a xestión de clientes no comercio galego. Actualmente conta con miles de productos á venda, subidos por establecementos galegos que abren deste xeito as súas portas ó mundo, podendo acceder a clientes que doutro xeito sería imposible chegar. Dentro do proceso de crecemento e expansión da plataforma, Comerciogalicia ven de lanzar a súa nova aplicación móvil gratuita de Android e IOS para todos os usuarios, e en especial para aqueles que formen parte do Club Comerciogalicia.

14 de setembro de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.