Colócase un valado de seguridade na alameda do Agro de Lalín de Arriba

Visita á zona das obras
O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Nicolás González Casares, acudiu esta mañá acompañado do edil, Miguel Medela, á zona da alameda no Agro de Lalín de Arriba, para supervisar a colocación dun valado de seguridade nunha zona colindante a un precipicio que carecía de elementos de protección. A colocación do corpo protector neste lugar era moi demandado pola cidadanía, xa que se trata dun espazo moi próximo a un colexio no que xogan a miúdo moitos nenas e nenos. Deste xeito, existía un claro perigo de que algún cativo puidese caer polo precipicio, que ten unha altura dun 4 metros e se puidese facer dano. Coa colocación do valado a zona queda protexida. Saúdos











