COGAMI estrea novas instalacións en Vigo
A partir deste luns, 7 de setembro, as persoas con discapacidade da comarca de Vigo que precisen contactar con servizos de formación e emprego que ten a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) na cidade, deberán facelo nas novas instalacións.
COGAMI deixa as oficinas situadas en Martínez Garrido e trasládase ás novas oficinas que están situadas na rúa As Teixugueiras, nº 15. Navia, ao lado da oficina do INEM. O teléfono de contacto segue sendo o mesmo: 986 281 893.
Con este traslado, lógrase unha mellora das instalacións con espazos máis amplos, máis cómodos e máis adaptados tanto ás necesidades das persoas usuarias do Servizo de Intermediación Laboral como tamén dos propios profesionais.
A entidade porá das persoas con discapacidade das cidade de Vigo, servizo de intermediación laboral, de formación , de fisioterapia, de traballo social e tamén ten espazos habilitados para acoller a entidades membro da Confederación.
A oficina de COGAMI en Vigo atende a preto de 6.000 persoas con discapacidade na comarca viguesa, 3.696 homes e o resto mulleres.











