Clausúrase o III Campus do Santiago Futsal no Xapón
O III Campus do Santiago Futsal realizado polo club compostelán dentro do seu proxecto das escolas deportivas no Xapón, Santiago Futsal Talent Factory, chegou á súa fin o pasado venres. Nesta edición participaron 17 rapaces de categoría alevín, xogadores de equipos de fútbol sala da provincia nipona de Togitsu, que pudieron perfeccionar a súas técnicas de xogo e de traballo.
Motonori Baba, director de formación do Santiago Futsal en Asia, foi o encargado de impartir as tres sesións e os clínics formativos que formaron parte desde III Campus.
O vindeiro Campus do Santiago Futsal no Xapón, no que será xa a súa cuarta edición, ten prevista a súa data para o mes de Setembro na cidade de Guion Sasebo.











