Cinco edís da corporación protagonizan a carreira dos medios coa que se pecha a semana da mobilidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Vilagarcía clausura mañá os actos da Semana Europea da Mobilidade coa Carreira dos Medios na que participarán cinco concelleiros da Corporación Municipal. Cada edil utilizará un medio de transporte diferente para cubrir as distancias entre cinco puntos da cidade. O obxectivo é demostrar cal é o medio máis eficaz en canto á relación tempo/consumo para desprazarse pola cidade.

As normas da proba son sinxelas. Cada participante deberá utilizar o percorrido que considere máis oportuno en función do medio que use, e sempre respectando as normas de circulación existentes en cada caso. A saída da proba será ás once da mañá dende a Alameda dende os participantes partirán á vez para pasar os controis que se establecerán no Concello, Centro de Saúde de San Roque, Escola Oficial de Idiomas, Praza de Abastos e regreso na Alameda.

O alcalde, Alberto Varela fará o percorrido a pé, mentres que a concelleira de Urbanismo, Paola María, desprazarse en bicicleta. Tomás Fole pilotará unha motocicleta e Xabier Ríos conducirá un turismo. Por último, Gaspar Somoza usará o taxi.

Para garantir que os concursantes cumpren as normas de circulación e tamén as das probas, cada un viaxará cun xuíz. O ciclista Gustavo César Veloso pedalexará xunto a Paola María d a piloto de motocrós Verónica Miguéns, será o árbitro en motocicleta. Os dous membros de Arousa en Bici e a representante de Transportes Pereira serán xuíces dos outros tres medios de transporte (coche, taxo e a pé).

Ao remate da proba, os cinco xuíces reuniranse para avaliar os tempos de cada participante e o custe invertido en cada un dos desprazamentos. Esta relación tempo/gasto será a que determine o medio vencedor que se dará a coñecer a continuación.

Con independencia de quen venza, do que se trata coa Carreira dos Medios é de concienciar á cidadanía sobre a necesidade de apostar por transportes alternativos ao do propio coche, de xeito que se reduce a contaminación, se conseguen cidades máis humanas e se aforra no consumo enerxético.

21 de setembro de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.