publicidade hoxe

Chino: ‘os resultados acompañarannos axiña’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O ala-pivote Javier García Moreno, Chino, foi o autor do único tanto do CD Burela FS Pescados Rubén na pista do Magna Gurpea Navarra, unha diana de dobre penalti que mantivo os da Mariña nunha cita rifada que se lles deu as costas no último segundo. “Foi dura a viaxe do regreso, con esa forma de ver escapar os puntos pero agora toca aprender dos erros” analizaba o novo 20 laranxa tras a terceira xornada de Primeira LNFS, convencido e ilusionado coa chegada dos marcadores a favor. “Estamos dando a cara, facendo partidos competitivos con rivais complicados; os resultados acompañarannos axiña” aseguraba Chino, recoñecendo a súa “rápida adaptación ao equipo e á vila”.

Antes de recibir o Elche CF V Alberola o sábado (18.30 horas, Vista Alegre), o equipo de Daniel Ibañes estrearase mañá noutro dos compromisos da tempada, a segunda eliminatoria da Copa do Rei, que medirá aos mariñáns co Parrulo FS, de Segunda (A Malata, 20.00 horas). “Imos con moita ilusión e sabemos que non vai ser nada doado. É un equipo dunha división inferior, moi motivado, que espera con moitas ganas bater a un equipo de Primeira, sobre todo, sendo un equipo veciño”, advertía Chino.  

Emparellamentos da segunda eliminatoria (29-30 de setembro):

CD OLIMPIC DE TRIANA MUNDOSEGUROS-JAÉN PARAÍSO INTERIOR

FS SILVER NOVANCA-LEVANTE UD DOMINICOS MARISTAS 

AD CLUB PÍO-PÍO TEMISAS-FC BARCELON

CD BÁSICO FUTSAL TALAVERA-ELPOZO MURCIA FS

CLUB MOSTEIRO BEMBRIVE FS-SANTIAGO FUTSAL

FS PALLEJÀ- AE PALMA DE MALLORCA FS DE MANACOR

CE ESCOLA PIA- AE PALMA DE MALLORCA FS DE MANACOR

ZIÉRBANA FS-RIBERA NAVARRA FS

ZAMORA FS-DLINK ZARAGOZA

CARTHAGO SALA 2013- FS JUMILLA BODEGAS CARCHELO

CD FUTSAL SEGOVIA NATURPELLET- PEÑÍSCOLA FS 

CDE FS CIUDAD DEL VINO-ELCHE FS SAD

GÁLDAR COHESAN FS-MOVISTAR INTER

NAZARENO REAL BETIS BALOMPIÉ FS- CD U. MÁLAGA

O PARRULO FS-CD BURELA FS PESCADOS RUBÉN

CIDADE DE NARÓN-MAGNA GURPEA NAVARRA

29 de setembro de 2015 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.