publicidade hoxe

Catoira instala un sistema de climatización no Auditorio Municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoira
A-
A+

Esta semana finalizan os traballos de instalación dun sistema de climatización no Auditorio Municipal. A esta obra súmase a mellora das medidas de protección contra incendios. No último mes unha empresa de climatización instalou no Auditorio Municipal un sistema de calefacción e refrixeración a través dunha bomba de calor. Tamén se adoptaron medidas para mellorar a protección contra incendios, coa instalación de extintores e detectores de fume, e a colocación dun pararraios. O importe total das obras executadas ascende a 40.364 euros.

Intentan entrar na Biblioteca

Fiestra forzada

Fiestra forzada

Cando apenas se cumpren quince días do traslado da Biblioteca Pública Municipal ó Edificio Multiusos, xa se detectou un intento de entrar nas dependencias forzando as ventás. A pesar de que na sala apenas hai bens de valor material, a persoa fixo varios intentos, forzando catro ventás mediante panca, non chegando a lograr o obxectivo de abrir algunha. Falta esclarecer se a finalidade do asalto puidera ser a de incrementar a bagaxe cultural do autor.

28 de setembro de 2015 | 12:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.