publicidade hoxe

Carnota abre o curso escolar ofertando novas actividades para a veciñanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnota
A-
A+

Dende o Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Carnota informamos de que durante o curso escolar 2015-2016 ofertaremos as seguintes actividades, para as que é preciso realizar unha inscrición previa, dende o 16 ao 23 de setembro, nas dependencias do Rexistro Xeral do Concello:

Escolas Deportivas:

Chega o inverno e con el os obxectivos que nos marcamos ao finalizar o verán, entre eles, empezar a facer deporte! Por iso, ofertamos diferentes actividades, tanto para os máis pequenos coma para os máis maiores da casa.

Para os nenos/as:

Patinaxe (de 4 a 15 anos)

Patinaxe infantil – Mércores de 17:30 a 18:30

Patinaxe 1 – Martes e xoves de 17:30 a 18:30

Patinaxe 2 – Martes e xoves de 18:30 a 19:30

Psicomotricidade

Luns de 17:30 a 18:30 (de 3 a 6 anos)

Deportes de raqueta

Luns e mércores de 18:30 a 19:30 (de 6 a 14 anos)

Fútbol

Biberón (de 4 a 5 anos) – mércores e venres de 17:00 a 18:00

Prebenxamín ( de 6 a 7 anos) – mércores e venres de 18:00 a 19:00

Benxamín (de 8 a 9 anos) – martes de 19:00 a 20:30 e xoves de 18:00 a 19:30

Alevín (de 10 a 11 anos) – luns de 18:00 a 19:30 e xoves de 19:00 a 20:30

Infantil (de 12 a 13 anos) – luns e mércores de 19:30 a 21:00 e venres de 19:00 a 20:30

Cadete (fútbol sala) – martes e xoves de 18:00 a 20:00

Fútbol sala feminino (senior) – mércores e venres de 20:00 a 23:00

Taekwondo – Mércores de 16:30 a 17:30 e de 17:30 a 18:30 (a partir dos 5 anos).

Baile deportivo – Mércores de 19:00 a 20:00 (a partir dos 5 anos). Precísase un mínimo de 12 inscritos para formar un grupo.

Para os adultos:

Actividades dirixidas (ZUMBA, pilates, aeróbic, step, tonificación, interval traninig, streching, etc.)

Carnota – Luns e mércores, 3 grupos (de 19:30 a 20:30, de 20:30 a 21:30 e de 21:30 a 22:30)

Lariño – Martes e xoves de 19:30 a 20:30

O Pindo – Martes e xoves de 21:00 a 22:00

Apertura gratuíta as tardes do venres do pavillón de Carnota (18:30 – 22:30) para o desfrute dos veciños. As clases comezan o día 1 de outubro

Escola de Música:

Nas instalacións do CEIP do Pindo estaremos un ano máis impartindo as clases de música. Ofertamos clases grupais e individuais de Linguaxe Musical, Iniciación Musical, Música para adultos, Combos, Coral, Orquestra Orff, Harmonía e Composición, Coro infantil, Grupo de Música Tradicional e unha gran variedade de instrumentos (guitarra, piano, baixo eléctrico, guitarra eléctrica, saxofón, clarinete, gaita, pandeireta, percusión, batería, percusión tradicional, frauta, frauta traveseira e canto). A partir dos 4 anos toda persoa pode apuntarse, aprender e gozar da música. O curso comeza o 1 de outubro de 2015 e a reunión de principio de curso para horarios e demais cuestións será o luns 28 de setembro, ás 19:30h, no salón de plenos do Concello. Os prezos son os que marca a ordenanza fiscal correspondente (igual que nos cursos anteriores).

Curso de informática:

Un ano máis, o Concello oferta clases de informática. Impartiranse clases de iniciación á informática, informática de nivel medio, internet (ocio, compras e operacións, redes sociais, mensaxería electrónica, etc.), ofimática, gravación de CD, gravación de audios, instalación de programas no equipo, retoque de imaxes, entorno Windows e mecanografía. Estes cursos desenvolveranse os luns e xoves, en horario de maña e de tarde (a convir segundo o número de inscritos) na aula de informática do Concello, situada en Lira, e están dirixidos a todas as persoas de 4 anos en adiante que estean interesadas nas novas tecnoloxías. O curso comeza o día 1 de outubro.

Venres Lúdicos:

Venres Lúdicos é un programa de dinamización lectora dirixido a nenas e nenos escolarizados no segundo ciclo da educación infantil (3-6 anos) e no primeiro ciclo da educación primaria (6-8 anos). Engloba actividades culturais de diversa índole (sesións de contacontos e obradoiros variados), orientadas a estimular o hábito lector na infancia e a achegar os nenos e as nenas participantes ao mundo do libro e da lectura dun xeito lúdico. Horario e lugar: os venres, de 16:30 h a 18:30 h, na Axencia de Lectura Municipal. Ao remate do prazo de inscrición farase unha reunión cos pais para valorar as diferentes posibilidades para que todos os inscritos poidan participar na actividade.

Escola de Teatro:

Como novidade neste curso poñemos en marcha unha Escola de Teatro para infantiles, xuveniles e adultos. A data de comezo do curso está pendente, unha vez fixada a data convocarase unha reunión cos inscritos para organizar grupos e horarios.

8 de setembro de 2015 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.