Carmela Silva pon a disposición do Goberno a axuda precisa para acoller refuxiados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, envioulles hoxe tres cartas ós ministros de Exteriores, Interior e Emprego para poñer a disposición do Goberno a axuda necesaria desde a Deputación de Pontevedra para a acollida dos refuxiados e refuxiadas que vai facer España. Nos escritos ós ministros García Margallo, Fernández Díaz e Fátima Bañez a presidenta da Deputación ofrécelle toda a colaboración e a axuda necesaria ó Goberno de España para acoller os refuxiados e as refuxiadas que están a fuxir das situacións de conflito bélico.

4 de setembro de 2015 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.