Camila Morison e Raquel Da Costa proclámanse subcampioas de Europa en K2 1000

Camila e Raquel. Foto: José Manuel Vázquez
No día de hoxe disputouse a 1º xornada do Campionato de Europa na cidade de romanesa de Baskov. Camila Morrison e Raquel Da Costa conseguiron a segunda posición na final A de o K2 1000m xuvenil do Campionato de Europa de pista que se está disputando en Romanía. A embarcación galega que partía como favorita empezaron dominando a carreira e mantivéronse entre as tres primeiras posicións durante toda a proba que ao final levou a parella húngara formada por Fruzsina Racskó e Csenge Rekop,estas padeeiras avantaxaron con máis de dous segundos a Camila e Raquel, en terceira posición entrarían as checas Sofie Kinclova e Sara Schwarzenbachova. As deportistas cesurás suman así a súa segunda medalla en campionatos de Europa, mellorando o Bronce que conseguiron o ano pasado en Francia. Camila terá a posibilidade de sumar unha nova medalla ao estar clasificada para a final no K1 500, a cuarta posición que conseguiu no pasado mundial de Portugal faia favorita ao podio.
O resto da delegación galego que participou na xornada de hoxe conseguiron os seguintes postos:
Aaron Diéguez do Club Kaiak Tudense na súa primeira participación internacional conseguiu a oitava posición na Final A de o K4 1000m xunto cos seus compañeiros Javier Cabañín, Benjamín Ramírez e Pedro Vázquez.
Carla Sieiro do Club Naval de Pontevedra terminou en segunda posición na final B do K1 Xuvenil 1000m a escasos dous segundo da deportista de Bielorrusia KarynaBanderanka.
Iago Monteagudo do Club Naval de Pontevedra que formaba parella con Andrey Mor ocupou a ocatava praza na final B do K2 1000m.
No día de hoxe tamén se desputaron na distancia de 200m as semifinais onde Adrián Sieiro conseguía a segunda posición na semifinal do C1 200m Sub-23, o que lle outorgaba o pase á final A que se disputará mañá.Raquel Da Costa por o seu parte foi cuarta na súa semifinal conseguindo o pase á final B do K1 200m xuvenil, Borja Bejo que participaba xunto con Pablo Toledo no K2 200m conseguiu a cuarta praza e remará mañá a final B.
Na xornada de mañá tamén tomarán parte nas finais, Alex Bernárdez en C1 500m e C1 200, Gabriel Hernández en K2 500 Sub-23, Adrián Sieiro en C1 500 Sub-23 e Tania Fernández no K4 500 Sub-23.











