Caballero: “Feijóo ten que responder ao clamor da manifestación. Non lle imos deixar que se esconda”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, advertiu este venres ao presidente da Xunta de que “non pode seguir sin atender” ás demandas da cidade por unha sanidade pública, gratuíta e de calidade, tras o “clamor” da manifestación deste xoves. En declaracións aos medios, o rexedor olívico referiuse á mobilización das últimas horas como un “momento histórico”, que “marca un antes e un despois” nas demandas da cidade. Segundo apuntou, foi unha manifestación “equivalente” ás das caixas, na que “centos de miles” de cidadáns da bisbarra reclamaron “o hospital que se lles nega”: con 1.450 camas, un laboratorio central, unha poboación asignada de 1,3 millóns de persoas, especialidades de referencia e aparcamento gratuíto.

Por iso, Caballero apuntou que Feijóo ten que atender a ese “clamor pacífico”. “Non lle imos deixar que se esconda, que se oculte detrás de conselleiras ou conselleiros”, afirmou o alcalde, quen esixiu que se reforme “todo o proxecto” do novo hospital.

Finalmente, o rexedor de Vigo destacou que, na manifestación, houbo alcaldes e votantes “de todas as cores políticas”, mentres que solo estivo ausente o PP. “Como sempre, o PP de Vigo, traizoando á cidade. Había miles de votantes do PP, pero o PP volveulles as costas”, aseverou.

4 de setembro de 2015 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.