publicidade hoxe

Burela FS Pescados Rubén imponse ao Prone Lugo AD

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O CD Burela FS Pescados Rubén di adeus aos compromisos de preparación 2015-16 tras imporse esta tarde en Vista Alegre ao Prone Lugo AD 3-1, con dianas de Antoñito por partida dobre e Jorge. No ecuador da primeira parte, Antoñito aproveitou, desde balón parado, para perforar a rede, sentando a Óscar Iglesias. Con todo, Nacho Pedrazo igualou a contenda no minuto 12, fronte a un Álex ao bordo da área. Jorge Bellvert soubo como volver adiantarse pouco despois, no  14, desde saque de esquina de Chinés en colaboración con Iago Míguez.Hélder avisou desde media pista, pero foi Antoñito de novo quen volveu ver portaría, no 18, sentenciando de tacón un pase longo ao bordo da área.

A segunda parte arrincou con cambio na meta, Edu e Juan Rivero. Menos precisos estiveron os laranxas nos últimos metros; sobre o minuto 30, Iago Rodríguez dispuxo das mellores ocasións dos de casa por partida tripla; en dúas ocasións topouse co gardameta lugués e a terceira chocou contra o pau. No minuto 34, o tándem Chano-Antoñito tamén protagonizou unha gran xogada que acabou co esférico morto ao bordo da liña de meta.

O Burela FS Pescados Rubén estreará a competición o vindeiro sábado, 12 de setembro, en Vista Alegre, coa visita do Aspil Vidal Ribeira Navarra (18.30 horas). A tempada botará a andar con total normalidade tras ser desconvocada a folga de xogadores hoxe, despois da reunión mantida entre a LNFS e a AJFS.

5 de setembro de 2015 | 22:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.