Brincadeira en Pontillón da man da Asociación socio sanitaria inflamatoria intestinal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Asociación socio sanitaria inflamatoria intestinal (ASSEII) organiza coa Federación Galega de Piragüismo e o Club de Piragüismo de Verducido organizan este sábado, 19 de setembro, de 11 a 20 horas unha xornada en familia baixo o nome “Brincadeira no Pontillón do Castro”.

A actividade vai dirixida aos socios de ASSEII e persoas e colectivos que lle guste gozar desta actividade, especialmente ao colectivo infantil e xuvenil. As propostas para esta xornada son:

• Un pequeno roteiro na contorna do Pontillón do Castro.

• Navegación polo encoro do Pontillón do Castro coas piraguas autovaciables, con chalecos, remos do club de piragüismo que ceden gratuitamente o material e poñen á nosa disposición o seu persoal.

A actividade contará coa colaboración altruísta de dous directores e monitores de tempo libre da Escola Paspallás para a realización de actividades de animación.

A Federación Galega de Piragüismo pon á nosa disposición de forma desinteresada para os participantes as súas instalacións, con aseos e duchas. As persoas interesadas en participar nesta iniciativa deben confirmar a súa asistencia ao teléfono da asociación 698 191 366 ou ben por correo electrónico digestivo.pontevedra@gmail.com indicando nome e apelidos das persoas, eidades e telefono de contacto.

A organización estima que poderán participar arredor de 100 persoas, que deberán levar a súa comida ou merenda. Ademais aconséllase que levar calzado pechado para a auga. Imprescindible traxe de baño, roupa para cambiarse, toalla, gorra, crema protectora.

En caso de chuvia manterase a actividade cun plan B, con xogos e cancións.

16 de setembro de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.