publicidade hoxe

Boiro acolle a concentración de vehículos clásicos e históricos da “II Ruta Clásicos Comarca do Sar”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

Boiro acolle este domingo a concentración de vehículos  clásicos e históricos participantes na “II Ruta Clásicos Comarca do Sar” organizada polo club  Clásicos da Comarca do Sar e na que colabora o Concello de Boiro. A caravana de vehículos estará formada por un número entre cuarenta e sesenta, algún deles con unha antiguedade dun século, sendo polo tanto pezas de colección, e de calquera maneira todos eles con máis de vintecinco anos.

Entrarán en Boiro pola DP 1105  (Ctra. Noia) en Ponte Goians, seguindo pola AC 305 ata Escarabote enlazando co paseo marítimo, Praia Xardín, Avda. de Compostela, Avda. Constitución, rotonda de Cimadevila e Praza de Galicia, a que chegarán arredor das 13:30h para permanecer en exhibición durante aproximadamente unha hora.

11 de setembro de 2015 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.