publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Belén do Campo mantén unha reunión co novo alcalde de Cerdido para avanzar na colaboración entre as administracións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+
Belén do Campo na reunión co alcalde de Cerdido

Belén do Campo na reunión co alcalde de Cerdido

A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde de Cerdido, Benigno Galego. Trátase do primeiro encontro desde que o novo rexedor chegara o cargo, tras as eleccións do pasado 24 de maio. Na reunión, Do Campo e o primeiro edil analizaron os distintos proxectos que a Xunta está a desenvolver na localidade, así como as necesidades actuais que presentou o representante municipal.

Desta forma, a delegada territorial trasladou ao rexedor de Cerdido “todo o diálogo e colaboración”, así como o apoio da Xunta, co fin de obter a cooperación necesaria coa administración local para dar resposta ás demandas das veciñas e veciños.

16 de setembro de 2015 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.