publicidade hoxe

Belén do Campo destaca o esforzo da Xunta por continuar coa mellora dos centros educativos da provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoqueixón
A-
A+
Belén do Campo en Boqueixón

Belén do Campo en Boqueixón

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, salientou hoxe o esforzo do Goberno galego por mellorar os centros educativos e por telos a punto para o inicio do novo curso escolar 2015/2016. Así o destacou esta maña nunha visita ao colexio público integrado (CPI) plurilingüe Antonio Orza Couto, onde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da xefatura territorial, ven de destinar preto de 60.000 euros a reparar as deficiencias detectadas nas instalacións, a través da substitución das fiestras de varias aulas de Infantil e dos canalóns da cuberta e as baixantes de auga, así como o cambio de parte aplacado da fachada para evitar humidades e filtracións.

Do Campo, que estuvo acompañada polo alcalde, Ovidio Rodeiro, o director do centro, José Manuel Silva, e o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, aproveitou a súa estancia nas instalacións para agradecer a colaboración do Concello na realización dos traballos, que segundo, explicou, foron coordinados entre a administración autonómica e a local, así como polo resto de membros da comunidade educativa. Nestes momentos, o centro conta con 255 nenos e nenas matriculados en Educación Infantil, Primaria e Secundaria.

Desde o ano 2009, o departamento autonómico ten destinado máis de 245.000 euros a mellorar as instalacións deste colexio con obras na cuberta, na cociña e nos distintos espazos lectivos. Neste senso, a máxima represetante do Goberno galego na provincia insistiu en que Educación “seguirá a traballar para avanzar na adecuación das infraestruturas e no mantemento dunha educación pública de calidade, que se materializa unha vez máis, na mellora das instalacións para un óptimo desenvolvemento da actividade lectiva”.

24 de setembro de 2015 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.