publicidade hoxe

Beatriz Mato visita dúas empresas de Curtis e Teixeiro para coñecer as prácticas de ‘Deseñando ou teu futuro’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+
Beatriz Mato en Curtis

Beatriz Mato en Curtis

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou esta mañá dúas empresas do municipio de Curtis, unha de carácter familiar, Seat Automotor, en Teixieiro, e unha multinacional, a madeireira Losán, en Curtis, que participaron no programa ‘Deseñando o teu futuro’ para que os mozos de entre 14 e 18 anos teñan un primeiro contacto co mundo laboral.

No concello curtiense participan nesta iniciativa un total de 10 mozos que están a realizar as súas estadías nas firmas Palets Cervelo, Sergrauto servizo oficial Opel, Carpintaría Cándido, e Dual S. A conselleira destacou esta oportunidade para que os mozos e mozas se aproximen á realidade laboral da súa contorna e poidan descubrir a súa vocación profesional.

Beatriz Mato, acompañada do primeiro tenente de alcalde, Antonio Fraga, e da concelleira responsable de Xuventude e Voluntariado, Esther Fariña, percorreu as empresas e falou cos mozos participantes sobre os programas postos en marcha polo seu departamento. A responsable de Traballo apuntou que ‘Deseñando o teu futuro’ trátase dunha experiencia de educación non formal que permite o desenvolvemento e o crecemento persoal dos mozos e que contribúe a mellorar o seu currículo.

11 de setembro de 2015 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.