Beatriz Mato reúnese en Vigo con responsables da Atiga para estudar un proxecto de formación

Beatriz Mato na reunión con responsables de Atiga
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Vigo unha xuntanza con responsables da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (Atiga) na que analizaron a viabilidade de levar a cabo un proxecto de formación conxunto coa asociación de centros tecnolóxicos. O obxectivo é mellorar a formación en sectores innovadores.











