publicidade hoxe

Asamblea aberta para traballar nas inquedanzas socioculturais de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

A A.C. Almuinha organiza unha Asemblea Aberta o vindeiro Sábado 3 de outubro ás 16:30h na Casa da Cultura de Seixo. O obxectivo da mesma é servir de punto de partida tras uns meses de inactividade. Así, convocamos unha Asemblea Aberta para que todas as persoas con inquedanzas e con ganas de traballar no ámbito sociocultural de Marín poidan achegarse, coñecer a nosa asociación e participar nesta asemblea.

A A.C. Almuinha é unha asociación socio-cultural independente sen ánimo de lucro, nacida en Febreiro de 2008 coa vontade de ser un instrumento plural e aberto para a defensa e promoción da lingua e da cultura galegas, obxectivo principal da nosa asociación.  

Somos un grupo de persoas comprometidos/as coa realidade en que vivimos, polo que entre os nosos principios figuran a defensa dos intereses da nosa vila, a xustiza social, a igualdade de todas as persoas, a defensa e protección do ambiente, a soberanía dos povos e a solidariedade internacional, enmarcando toda a nosa actuación desde unha perspectiva de compromiso co País e da firme defensa dos dereitos da nosa Terra.

30 de setembro de 2015 | 11:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.