As rúas de Compostela acollerán a III Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi unha delegación de Special Olympics Galicia, integrada polo seu presidente, Eladio Fernández; o vicepresidente, Marcelo de la Cruz; o xerente, Antonio Fuentetaja; e a directora técnica, Eunice Mosquera. Os representantes de Special Olympics Galicia explicáronlle ao alcalde as actividades desta organización e a súa filosofía de aproveitamento do deporte para a integración. Xa dun xeito máis concreto, ofrecéronlle os detalles da III Marcha Ciclista Unificada, que se celebrará na cidade o sábado 19 de setembro, con saída do Monte do Gozo e chegada á praza do Obradoiro.

9 de setembro de 2015 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.